Os funcionarios de Xustiza en folga indefinida saen ás rúas nas sete cidades galegas

O persoal da Xunta apoia a folga en Xustiza e tamén estuda mobilizarse

Manifestación de los funcionarios de Xustiza en Lugo. X.C.V
photo_camera Manifestación dos funcionarios de Xustiza en Lugo. X.C.V

Os funcionarios de Xustiza, en folga indefinida desde a semana pasada, manifestáronse este xoves nas sete cidades galegas para pedir á Xunta que atenda as súas reivindicacións. No seu séptimo día de paro, e tras non chegar a un acordo na reunión do pasado luns, os traballadores saíron ás rúas este xoves.

O PERSOAL DA XUNTA ESTUDA MOBILIZARSE. Ademais, nesta xornada a Xunta de Persoal Funcionario dos Servizos Centrais da Xunta anunciou que apoia e comparte as reivindicacións dos funcionarios de Xustiza. Barallan establecer un calendario de mobilizacións para recuperar condicións.


A sesión plenaria celebrada o mércores polos traballadores da Administración autonómica serviu para aprobar un comunicado de "solidariedad e fraternidade" co persoal de Xustiza e facer un chamamento aos funcionarios da Xunta para que participen en todas as accións reivindicativas.


"As súas reivindicacións son as nosas", continúa o escrito, que mostra a condena "más rotunda e enérxica" ás "medidas represoras exercidas pola Xunta" fronte ás mobilizacións dos funcionarios, exercidas dun xeito "admirable, claro e contundente". "Os seus recortes son os nosos recortes, a súa conxelación salarial é a nosa conxelación salarial, a falta de cobertura de prazas, a penalización por enfermar, a eliminación do fondo de acción social e o resto de recortes laborais son os mesmos que sufrimos o persoal funcionario da Xunta", agrega.