O pescador das bibliotecas, un estudante ourensán que triunfa nas redes

Caracterízase por entrar nos lugares de estudo e pasear coa indumentaria e os utensilios desta afección

El pescador de las bibliotecas. INSTAGRAM
photo_camera O pescador das bibliotecas. INSTAGRAM

O pescador das bibliotecas é un estudante de Ourense que empezou a facer as súas aparicións de casualidade. Con toda a indumentaria e os utensilios propios desta actividade, este mozo de 25 anos fai as súas aparicións en lugares de estudo e rotondas, nas que se pon a simular que pesca.

O protagonista desta historia realizou unhas declaracións Televisión de Galicia que explica como xurdiu a idea. "Viña de pescar cos meus avós en Chantada e cheguei a Ourense. Un amigo que estaba a tomar algo nunha cafetería en Otero Pedrayo díxome: 'Oes, xa que tes aí todo, a cana e a roupa. ¿Por que non pescas na rotonda e facemos un vídeo e subímolo a Instagram? Igual o ve a xente", asegura.

Logo dos seus inicios nas rotondas, seguiu o seu periplo físico e tamén virtual polas bibliotecas, a Rosalía de Castro de Ourense e a Concepción Arenal de Santiago.

As reproducións dos seus vídeos cóntanse por miles. E parece que é só o comezo: "Gústanme as bibliotecas, gústanme as rotondas e os centros comerciais tampouco están mal".

Comentarios