Piden 5 anos de cárcere para un falso feiticeiro que estafou 42.000 euros a un home discapacitado

O acusado fixo crer á vítima que podería axudarlle a recuperar "a estima dunha moza" mediante ritos espirituais
Audiencia Provincial de A Coruña. AEP
photo_camera Audiencia Provincial da Coruña. AEP

A Fiscalía pide 5 anos de prisión para un home acusado dun delito continuado de estafa, por facerse pasar por un feiticeiro para enganar a un home discapacitado, facéndolle crer que, mediante ritos espirituais, podería axudarlle a "recuperar a estima dunha moza".

O acusado, C.L., será xulgado este mércores na sección segunda da Audiencia Provincial de A Coruña e, ademais da pena de cárcere, o Ministerio Público solicita tamén que pague unha multa de 3.000 euros e que devolva ao prexudicado os 42.000 euros que presuntamente lle estafou. Segundo o escrito de acusación pública, o procesado contactou coa vítima, que padece unha discapacidade psíquica por estar diagnosticado de trastorno psicótico polimorfo agudo, e ofreceulle os seus servizos como "futurólogo-feiticeiro". 

Así, fíxolle crer que podería axudalo a recuperar "a estima dunha moza mediante ritos espirituais" e, para iso, o prexudicado acudiu varias veces á súa 'consulta', en Santiago de Compostela. En total, por estas sesións abonoulle uns 42.000 euros. 

Por todo iso, o Fiscal acusa a C.L. dun delito continuado de estafa e pide para el 5 anos de cárcere, 3.000 euros de multa e a devolución da cantidade estafada.