Piden a elaboración dun censo de xabaríns en Galicia

O sector porcino de Galicia asegura que os porcos bravos poden transmitir enfermidades como a tuberculose ou a peste africana

Imagen de archivo de un guardia civil dirigiendo a varios jabalíes que habían irrumpido en una carretera AEP
photo_camera Imaxe de arquivo dun garda civil dirixindo a varios xabarís que irromperan nunha estrada AEP

O sector porcino de Galicia emitiu este mércores un comunicado no que expresa a súa preocupación pola expansión da poboación de xabaril na comunidade. No escrito aseguran que o porco bravo é un "transmisor de enfermidades para a cabana gandeira, tales como a tuberculose ou a peste porcina africana".

Os profesionais do negocio vinculado ao gando porcino reclaman ás administracións competentes "nomeadamente á Consellería de Medio Ambiente, a inmediata colaboración dun censo desta especie".

No comunicado falan de vixiar a poboación para "deseñar medidas de control e, no seu caso, de erradicación das poboacións, mediante actuacións cinexéticas e doutro tipo". Estas actuacións, aseguran, protexerían "ás persoas".

Comentarios