Piden endurecer a lei tras achar cans afogados con pedras en Mazaricos

Apareceron no encoro da Fervenza
Embalse de A Fervenza, en Mazaricos. GOOGLE MAPS
photo_camera Encoro da Fervenza, en Mazaricos. GOOGLE MAPS

A asociación animalista Libera! pediu endurecer a Lei de Benestar Animal de Galicia despois de que dous cans fosen achados afogados con pedras atadas ao pescozo no encoro da Fervenza, no municipio coruñés de Mazaricos. 

Nun comunicado remitido aos medios, Libera! cualificou os feitos de extrema "crueldade" e considerou que puido ser provocado por algún "vendedor ilegal de animais" ante a "falta de saída" de camadas ou a vellez dos cans. 

Os animalistas aseguraron que son centos as denuncias efectuadas por casos de comercio ilegal, de montas e proxenitismo animal que "ocultan un absoluto desprezo pola vida destes animais". 

Ademais, sinalou que non é a primeira vez que aparecen cans aforcados, arroxados ao río ou abandonados en lugares insospeitados para deixar que morran de inanición. 

Os defensores dos animais recordan que este caso podería supor sancións de ata 30.00 euros para o responsable, xunto a inhabilitacións accesorias de ata 10 anos, ao constituír unha infracción moi grave da Lei de Benestar Animal. 

Comentarios