Pídenlle á Fiscalía que investigue a morte do sesaxenario no PAC da Estrada

O Defensor do Paciente reclama a destitución do conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuiña polo sucedido 

El PAC de A Estrada. P. FIGUEIRAS
photo_camera O PAC da Estrada. P. FIGUEIRAS

O Defensor do Paciente solicitou á Fiscalía que investigue a morte o pasado sábado dun home de 65 anos sen atención médica no PAC da Estrada, á vez que reclama que o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, sexa destituído do seu cargo pola "súa nefasta xestión" da sanidade pública. 

A través dunha carta enviada este luns ao fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes; o Defensor do Paciente pide que se investigue o sucedido e que a Xunta asuma "as responsabilidades". 

Na tarde do pasado sábado, un home de 65 anos faleceu no PAC da Estrada, que nese momento carecía de equipo médico, xa que o único que traballaba ese día atopábase atendendo unha urxencia. 

"Chegamos a unha situación de sanidade que é case terceiromundista, onde as persoas perden a súa vida por unha xestión ineficaz que pon en risco aos pacientes e esta é unha das mostras desgraciadas do que está a ocorrer en Galicia", indica o Defensor na súa misiva dirixida a Suanzes. 

Ademais, reclama a destitución do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, pola "nefasta xestión que está a se levar a cabo en Galicia e a morte deste paciente, que é a pinga que colmou un vaso xa demasiado cheo".