Piden unha reunión con Feijóo para analizar o peche de pasos con Portugal

A AECT Río Minho pide ao presidente galego que asuma a súa "responsabilidade" e deixe de estar "ausente" nesta cuestión
Un cartel señala la entrada en Portugal.ADP
photo_camera Un cartel sinala a entrada a Portugal.ADP

O director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Rio Minho, Uxío Benítez, solicitou unha reunión "urxente" co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para analizar as consecuencias do peche dos pasos entre Galicia e Portugal para os habitantes da área fronteiriza.

Benítez sinala que Núñez Feijóo debe adoptar un "papel importante" nesta situación e lamenta que, a diferenza doutras comunidades como Estremadura que logrou manter vías abertas con Portugal, Galicia "non faga ningún movemento".

"Feijóo debe actuar pola importancia que ten para a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal o peche das fronteiras", apunta o director da AECT Río Minho, que apela " responsabilidade" do presidente galego para "deixar de estar ausente".

Os alcaldes e alcaldesas de ambos os lados da fronteira, explica Uxío Benítez, levan semanas reclamando medidas que permitan facilitar a mobilidade dos traballadores fronteirizos con máis pasos e a coordinación entre gobernos para "equilibrar" as actuacións de desescalada.

Nesta entrevista que solicitan a Feijóo, como actual presidente da comunidade de traballo de strong <>Galicia-Norte de Portugal, o vicepresidente desta entidade e presidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Fernando Brito Nogueira.

O director da AECT apunta que a "indignación" crece cada día a ambos os dous lados da fronteira do río Miño e avanza que tamén solicitará unha entrevista co delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, para tratar esta problemática.

Comentarios