Esta é a pinga fría: trombas de auga, sarabiadas e inundacións en toda Galicia

A Pobra de San Xiao ou Lalín, algunhas das localidades onde máis diluviou

Inundaciones en A Pobra de San Xiao. EP
photo_camera Inundacións na Pobra de San Xiao. EP

A situación de pinga fría na que se atopa Galicia provocou fortes tormentas este xoves en moitas zonas de Galicia, especialmente no interior das provincias de Pontevedra, Lugo e A Coruña.

Inundacións no centro de saúde de Barro. JOSÉ SANMARTÍNEn Barro, por exemplo, producíronse inundacións en varios puntos, segundo informa Águeda Piñeiro. Neste vídeo gravado por José Sanmartín apréciase a espectacular tromba de auga que caeu.  

Tamén na comarca do Deza rexistráronse importantes tormentas, como testemuña a imaxe da estación lalinense de Botos que acompaña esta información e que compartiu en Facebook o propio alcalde, Rafa Cuiña.

Segundo Meteogalicia, na comunidade caeran 2.647 raios ata as 18.00 horas, especialmente en puntos en zonas do interior das provincias de Lugo, Pontevedra e A Coruña.

A situación non sufrirá grandes cambios de face a este venres, segundo a previsión de Meteogalicia. A pinga fría consiste na presenza de aire frío en altura e cálido en superficie, o que provocaa chuvascos tormentosos potencialmente fortes.

ESPECTACULARES IMÁGENES EN LUGO. A provincia de Lugo foi unha das máis afectadas as tormentas. Nos seguintes vídeos vemos as trombas de auga caídas na Pobra de San Xiao e Monforte de Lemos.

Comentarios