A situación de pinga fría na que se atopa Galicia provocou fortes tormentas este xoves en moitas zonas de Galicia, especialmente no interior das provincias de Pontevedra, Lugo e A Coruña.
En Barro, por exemplo, producíronse inundacións en varios puntos, segundo informa Águeda Piñeiro. Neste vídeo gravado por José Sanmartín apréciase a espectacular tromba de auga que caeu.
Tamén na comarca do Deza rexistráronse importantes tormentas, como testemuña a imaxe da estación lalinense de Botos que acompaña esta información e que compartiu en Facebook o propio alcalde, Rafa Cuiña.
Segundo Meteogalicia, na comunidade caeran 2.647 raios ata as 18.00 horas, especialmente en puntos en zonas do interior das provincias de Lugo, Pontevedra e A Coruña.
A situación non sufrirá grandes cambios de face a este venres, segundo a previsión de Meteogalicia. A pinga fría consiste na presenza de aire frío en altura e cálido en superficie, o que provocaa chuvascos tormentosos potencialmente fortes.
ESPECTACULARES IMÁGENES EN LUGO. A provincia de Lugo foi unha das máis afectadas as tormentas. Nos seguintes vídeos vemos as trombas de auga caídas na Pobra de San Xiao e Monforte de Lemos.