Podemos Galicia adianta as súas eleccións primarias para elixir candidatos

Aqueles que queiran participar no proceso contan desde este martes e ata o vindeiro venres día 14 para inscribirse
Luca Chao. EFE
photo_camera Luca Chao. EFE

Podemos Galicia decidiu este luns adiantar as súas eleccións internas para elixir candidatos ao Parlamento autonómico, logo de presentar o pasado domingo un calendario electoral que non contemplaba o adianto electoral.

O fin de semana o Consello Cidadán de Podemos aprobou un cronograma que marcaba a proclamación de candidatos para o 24 de marzo, pero o tivo que adiantar polo que o proceso interno arrinca este martes e os cabezas de cartel da formación morada coñeceranse o próximo día 27 de febreiro.

Os candidatos a participar no proceso de primarias contan desde este martes e ata o vindeiro venres día 14 para inscribirse.

O luns, a viceportavoz do Grupo Común da Esquerda Luca Chao xa manifestou a súa intención de concorrer a este proceso interno para formar parte das listas ao Parlamento galego.

Desde Podemos iniciáronse contactos con Esquerda Unida e Anova para intentar configurar unha coalición electoral coa que concorrer ás eleccións galegas do próximo 5 de abril, para o que terán un prazo de dez días.

Comentarios