"Deixar a unha tipa tirada non é elegante pero non se pode meter aos tipos na cárcere por iso"

O profesor da USC denunciado en 2016 por realizar comentarios sobre o escote dunha alumna indignou as redes tras publicar un polémico vídeo sobre a sentenza a La Manada

 

Luciano Méndez Naya en el polémico vídeo sobre la sentencia a La Manada. FACEBOOK
photo_camera Luciano Méndez Naya en el polémico vídeo sobre la sentencia a La Manada. FACEBOOK

Luciano Méndez Naya, o profesor da Facultade de Económicas da Universidade de Santiago (USC) sancionado en 2016 por realizar comentarios sobre o escote dunha alumna, indignou a centos de usuarios das redes sociais tras publicar un polémico vídeo no que reflexiona sobre a sentenza a La Manada.

Na súa opinión, a moza que denunciou ser víctima dunha violación grupal durante os sanfermíns de 2016 "sabía o que había" cando se atopou cos cinco procesados. "A chavala vese soa, borracha, sen ter que facer, atopa a cinco tipos con gana de marcha e acompáñaos. Van a un hotel, con intención de facer o amor, pero non lles dan habitación. A tipa vaise morreando cos tipos claramente", conxetura o docente.

Unha vez no portal onde se cometeron os abusos, "a chavala déixase facer, evidentemente. Non vin o vídeo, pero non o preciso", apunta Méndez Naya, que defende que se realmente os mozos tivesen intención de violala terían escollido outro lugar máis seguro. "Eu son violador e vouna levar a unha casa, a un portal, a violala? Ponse a berrar e saen todos os veciños... Pero de que estamos falando?", opina o profesor.

Méndez Naya –que dice considerarse unha persoa "cun claro concepto da xustiza, obxectivo"– defende que a moza "disfrutou da situación". "Estou convencido, polos meus indicios e polo que di a sentenza". 

Sobre o acontecido posteriormente, o docente propón varias hipóteses. A primeira opción é que os membros de La Manada "largáronse e deixárona tirada, cousa que non é elegante pero tampouco punible. Non se pode meter aos tipos na cárcere por facer iso", defende.

A segunda hipótese que expón o profesor de Matemáticas é que a moza e os procesados chegasen a "mutuo acordo". "Que [ela] dixera: 'Mira, eu teño que denunciar isto como violación para que me dean a píldora despois". Este comentario deixou en evidencia ao profesor, que descoñecía que este tratamento pódese adquirir en farmacias, centros de saúde ou de planificación familiar sen necesidad de formular ningunha denuncia.

LIBRE ABSOLUCIÓN A LA MANADA. Méndez Naya considera que a sentenza aos membros de La Manada –que foron condenados a nove anos de cárcere por un delito de abuso sexual continuado– foi froito dun pacto entre os xuíces, que decidiron "cumprir un pouco coa profesion e cumprir moito co histerismo social". 

O docente cre que, con esta sentenza, os maxistrados intentaron impedir o "conflicto social", unha decisión coa que discrepa. "Eu condeno aos xuíces. Non se pode andar con medias tintas. Se empezamos a ceder nestas tonterías, seméntase o caos. O rigor da xustiza pérdese absolutamente e daquela xa nada é válido nin respectado", sostén.

Na súa opinión, os membros de La Manada deberían ser absoltos e a denunciante, condenada por falsa denuncia. "O que había que facer era dicirlle: 'neniña, non nos veñas aquí coas túas tonterías, que estamos falando de cousas moi serias. Estamos falando de regulamentar agresións sexuais. Non veñas aquí a armar estes berenjenales ti e máis o teu feminismo radical", engadiu Méndez Naya. 

Nesta liña, o profesor considera que habería que cambiar o Código Penal pero, a diferenza do que esixen os colectivos contrarios á sentenza, "para ser máis duros coas falsas denunciantes". "Non digo que non sexa necesario endurecer as leis contra os agresores sexuais. Non coñezo o tema a fondo. Creo que unha agresión sexual é algo moi grave e debe ser duramente castigado, pero que o cambio das leis sexa froito doutros casos, non deste". E é que considera que "se a lei é moi dura cos homes, vai haber mulleres que se aproveiten da xogada".

O docente –que en 2016 foi sancionado con dous meses de suspensión de emprego e soldo polos seus inapropiados comentarios a unha alumna– conclúe o vídeo defendendo que a súa reflexión "non é unha opinión máis. É a opinión dos indicios, claros e distintos, baseada en feitos reais. E calquera persoa racional cun pouco de formación non pode discrepar moito".

Comentarios