Poñen en marcha unha estratexia para recuperar a pita de monte en Galicia

O documento irá á próxima reunión da Conferencia Sectorial de Medio Ambiente

Un ejemplar de urogallo. AEP
photo_camera Un exemplar de urogallo. AEP

A próxima reunión da Conferencia Sectorial de Medio Ambiente prevé dar o visto e prace á nova Estratexia para a Conservación da pita de monte cantábrica, unha especie "en situación crítica" en gran parte do norte peninsular e oficialmente extinguida en Galicia desde 2005.

O documento sairá adiante unha vez analizado o plan de traballo para a protección da especie coordinado polo Ministerio de Transición Ecolóxica coas comunidades de Asturias, Castela e León, Galicia e Cantabria, segundo anunciou este luns o viceconselleiro de Medio Ambiente do Principado, Benigno Fernández Fano.

O plan foi estudado durante a reunión que este luns mantiveron en Oviedo o director xeral de Biodiversidade e Calidade Ambiental do Ministerio para a Transición Ecolóxica, Javier Cachón de Mesa, con responsables das catro comunidades autónomas.

Segundo Fernández Fano, antes de pór en marcha a futura estratexia débese coñecer que está a pasar cas pitas de monte e coas especies depredadoras desta ave despois de que o proxecto Life Urogallo, que estivo en marcha durante seis anos, non obtivese os resultados esperados.

Así, o viceconselleiro incidiu en que se debe coñecer o censo actual de urogallos tras a "importante caída" rexistrada no número de exemplares e determinar no marco das futura estratexias as posibilidades de reprodución en catividade da especie. 

Comentarios