Pontón: "Non oculto que queriamos máis, pero hai unha alternativa de goberno sólida"

 A formación nacionalista acadou 19 escanos, un resultado histórico
Acto do BNG. EFE
photo_camera Acto do BNG. EFE

A candidata á Presidencia da Xunta e portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, mostrouse este domingo electoral moi agradecido a todas aquelas persoas que depositaron un voto á formación nacionalista e, tras recoñecer que non foi suficiente para situar a unha muller á fronte do Goberno autonómico por primeira vez, asegurou que desde xa mesmo traballará para "consolidar" os resultados dentro de catro anos. 

"Non oculto que queriamos máis, un cambio galego. Pero hoxe empeza unha nova etapa no noso país, para que dentro de catro anos poida ter unha presidenta", proclamou Pontón, que compareceu rodeada dos membros da Executiva Nacional ante os medios, após lograr 19 escanos o BNG, un resultado histórico no número de deputados logrado pola formación nacionalista. 

Pontón manifestou que lle trasladou a súa "felicitación" ao presidente da Xunta en funcións e candidato á reelección, Alberto Núñez Feijóo, e tamén lle desexou "acertos", porque os seus "serán" o que permitan "avanzar" a este país. 

"Digo isto porque estamos en circunstancias excepcionais, nunha crise social, económica e sanitaria e este momento require altura de miras de política con maiúsculas", apuntou Pontón, quen dixo que o importante "non é cal foi a porcentaxe" de cada organización política, senón "a xente deste país e as súas vidas".

AMBIENTE FESTIVO. O ambiente no restaurante compostelán escollido como cuartel xeral dos nacionalistas nas últimas citas electorais viviu na noite deste domingo de verán un ambiente festivo, no que se celebraron os 19 escanos do Bloque coma se tratásese dun gol nun partido de fútbol. 

Tamén houbo aplausos para os 15 do PSOE aos que os socialistas chegaron durante o escrutinio, pero que finalmente non se consolidaron ao final do reconto. 

Comentarios