Pontón pídelle a Feijóo "vontade" de cambio e Caballero lamenta o seu discurso sen ideas

O BNG di que "arrimará o ombreiro" e o PSdeG promete "propostas" desde a oposición
Pontón e Caballero. PEPE FERRÍN (AGN)
photo_camera Pontón e Caballero. PEPE FERRÍN (AGN)

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reprobou ao candidato popular á Presidencia da Xunta Alberto Núñez Feijóo que "non recoñecese erros" da súa xestión e demandoulle "vontade de rectificar" o "rodillo" que, ao seu xuízo, aplicou na última década de maiorías absolutas. 

Así, tras asegura que o BNG ofreceu "diálogo" e vai achegar "solucións" para mellorar a vida dos cidadáns, sinalou que non é tempo de "partidismos" senón de "arrimar o ombreiro" para que esta crise sanitaria se converta nunha "oportunidade" para que Galicia salga reforzada. 

Pontón tivo un recordo para as máis de 640 vítimas do covid-19 en Galicia e apuntou que as consecuencias sociais e económicas deben "centrar o traballo parlamentario" desta XI Lexislatura que acaba de arrincar. 

Pero advertiu de que "non imos saír desta situación coas políticas de sempre e só desde a óptica dunha organización política". "Necesita acordos de país", salientou, antes de apuntar que cre que Feijóo recolleu "a luva" que hai meses lanzou o BNG cando fala de traballo conxunto. 

Na súa intervención, Pontón certificou que o BNG traballará desde o Parlamento "para achegar solucións" e remarcou que "é importante que rompa coa tradición de maiorías absolutas que se usaban como rodete para non aceptar as propostas" que fosen do BNG. 

A agora líder nas bancadas da oposición sinalou que "hai que "romper a inercia" e hai que achegar "medidas diferentes" para converter esta "crise nunha gran oportunidade para Galicia".

Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, lamentou que o discurso de Feijóo, estivo ausente de "contidos" e "sen ideas, nin impulso" para atallar as "dificultades" ás que se enfronta Galicia no medio desta crise sanitaria. 

Na primeira reacción tras o discurso de Feijóo, o líder socialista sinalou que é "deber" do presidente ter medidas de "empuxe, ilusión, a necesaria empatía coa cidadanía que está preocupada e medorenta" e que, segundo as súas palabras, "non atopou resposta para estar máis tranquila e máis segura" tras a intervención de Feijóo. 

Gonzalo Caballero lembrou que o PSdeG propuxo unha comisión parlamentaria de recuperación económica que a contorna do candidato "trasladou ás medios" horas despois a intención de impulsala e que "reafirmou" no seu discurso deste martes. 

"Desde logo, nós coincidimos no diálogo, nos acordos", apuntou Gonzalo Caballero, quen prometeu presentar "alternativas concretas" para esta lexislatura, ante o "discurso baleiro" de Feijóo. 

"Fronte á crise social e sanitaria, imos traballar desde a oposición para grandes acordos de país. Traballaremos co resto de grupos, con vontade de contribuír con propostas alternativas para unha situación mellor", sentenciou. 

Na súa intervención, o líder socialista lamentou que o candidato popular non dese "grandes liñas estratéxicas para afrontar os retos ante a Covid", ante o que ofreceu aos socialistas para mostrar "alternativas concretas" aos problemas.
Pola súa banda,

Comentarios