lunes. 20.09.2021 |
El tiempo
lunes. 20.09.2021
El tiempo

Portos de Galicia realizará unha travesía única do Camiño por mar

Reunión da presidenta de Portos de Galicia con representantes de asociacións náuticas. EUROPA PRESS
Reunión da presidenta de Portos de Galicia con representantes de asociacións náuticas. EUROPA PRESS
Farase co fin de dinamizar tanto as instalacións portuarias como o sector auxiliar das localidades

A entidade Portos de Galicia e as asociacións náuticas traballan nunha estratexia promocional do sector con motivo da conmemoración do Xacobeo 21. 

Entre as propostas atópase a organización dunha única travesía do Camiño por mar, na que participarán navegantes de tres asociacións. 

Esta travesía recalará en diferentes dársenas deportivas do litoral galego, co fin de dinamizar tanto as instalacións portuarias como o sector auxiliar das localidades. 

Outra das accións será unha viaxe promocional de prescriptores nacionais e internacionais do sector náutico a Galicia, co fin de dar a coñecer o sistema portuario galego a navegantes do resto do Estado así como de Europa. Con esta actividade, búscase captar novos clientes aproveitando a efeméride do Xacobeo. 

Estas e outras accións abordáronse este luns nun encontro entre a presidenta de Portos, Susana Linguas, con representantes de Northmarinas, Asnauga e Mariñas de Galicia, ademais do secretario xeral da Asociación Nacional de Empresas Náuticas (ANEN), Carlos Sanlorenzo. 

O obxectivo é coordinar o traballo dos axentes náuticos para lograr emprender unha promoción conxunta do sistema portuario galego, e buscar alternativas de actividade no contexto actual marcado pola crise da Covid-19.

Portos de Galicia realizará unha travesía única do Camiño por mar
comentarios