Os positivos diarios soben lixeiramente ata os 640

Os novos contaxios dispáranse na área de Lugo
Un hombre con mascarilla pasa ante un mural de Rosalía de Castro en Ourense. BRAIS LORENZO (EFE)
photo_camera Un hombre con mascarilla pasa ante un mural de Rosalía de Castro en Ourense. BRAIS LORENZO (EFE)

Galicia notifica 640 positivos por coronavirus en 24 horas, o que implica unha lixeira subida de 15 con respecto aos 625 de hai un día. Así, mentres a área sanitaria de Vigo mantense como foco, con 214 novos casos –catro menos–, a área de Lugo-A Mariña-Monforte dispárase ata os 114 casos detectados, 72 máis que o día anterior. 

De acordo cos datos que actualiza diariamente a Consellería de Sanidade, xunto á área sanitaria de Lugo tamén experimentan ascensos, aínda que máis moderados, a área de Ferrol, con 50 novos infectados nun día (+4), e a de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, con 43 (+9). Con todo, estas dúas son as zonas que menos novos contaxios reportan este sábado. 

Pola súa banda, baixan os positivos diarios a área sanitaria da Coruña-Cee, até 103 (-8); a de Santiago-Barbanza, cunha importante caída até os 52 (-43); e a de Pontevedra-O Salnés, con 64 novos contaxios (-1). 

Ademais, a web de Sanidade recolle que até a data se realizaron en Galicia 789.671 PCR, o que implica que en 24 horas se fixeron 9.003 probas, unhas 700 máis que as da xornada anterior. 

De todas as novas PCR realizadas, o 7,3% arroxaron un resultado positivo. Así, tan soa a área de Santiago-Barbanza, cun 2,2% de positividad, sitúase por baixo do limiar do 5% que marca a Organización Mundial da Saúde. As taxas máis altas anótanas as áreas de Lugo (13,7%) e Ferrol (12,4%), tras as cales se sitúan Vigo (10,9%), Pontevedra (6,3%), Ourense (6,1%) e A Coruña (6%).

ALTAS E CASOS ACTIVOS. Así mesmo, os datos de Sanidade reflicten que nas últimas 24 horas se deu a alta a 630 persoas diagnosticadas de covid-19, até situar o total de curados desde o inicio da pandemia en 34.254. 

Con todo, na tarde do venres a Consellería notificaba 10 novos falecementos con coronavirus --catro deles procedentes dunha residencia de anciáns--, polo que o cómputo global de vítimas mortais en Galicia se coloca xa en 1.056. 

En canto aos casos activos --é dicir, persoas que aínda padecen a enfermidade--, volven anotar un ascenso, de 22, até o total de 9.554. 

Das sete áreas sanitarias, tres descenden este sábado o número de pacientes COVID con respecto ao venres: Santiago, cun total de 1.085 (-43); Ourense, con 856 (-18); Ferrol, con 872 (-43). 

Deste xeito, o resto aumentan a cifra de casos activos. A que concentra o maior número é Vigo, con 2.508 pacientes (+58); seguida pola Coruña, con 1.847 (+7); Pontevedra, con 1.277 (+7); e Lugo, con 1.109 (+56). 

Comentarios