Postes da luz no medio da estrada, unha carreira de obstáculos en Meaño

O Concello ampliou a pista que une Souto e Quintáns sen mover os paus

Postes en medio de la carretera que une Souto y Quintáns. TVG
photo_camera Postes no medio da estrada que une Souto e Quintáns. TVG

Transitar pola estrada que une os lugares de Souto e Quintáns, en Meaño, converteuse en toda unha carreira de obstáculos. Aínda que o Concello acaba de acometer obras de ampliación e mellora da vía, a estrada supoñen un risco para os condutores debido aos postes da luz que quedaron en metade da calzada. 

Os veciños denuncian o risco que supoñen, especialmente de noite, e critican que non se desprazou os obstáculos cando se ampliou a estrada.

O Concello aseguran que é a empresa eléctrica a que debe encargarse de mover os postes mentres que desde Naturgy sosteñen que lle corresponde ao promotor da obra asumir o custo do retranqueo. 

Mentres non se resolve o conflito de competencias, o Concello deu a orde de pintar os paus de vermello e branco para mellorar o seu visbilización.

Comentarios