O PP "suspende temporalmente" o pacto con Pérez Jácome en Ourense

Vázquez Abad non pide a dimisión do alcalde, pero si explicacións, e reprocha ao líder de Democracia Ourensá que converta a crise do seu partido noutra de gobernabilidade
Gonzalo Pérez Jácome (Ourense, 1969), en el despacho de la alcaldía, que ocupa desde junio de 2019. RAMSÉS (AGN)
photo_camera Gonzalo Pérez Jácome (Ourense, 1969. RAMSÉS (AGN)

O PP decidiu a "suspensión temporal" do seu pacto con Democracia Ourensá para gobernar Ourense tendo en conta que o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, desa formación independente, foi denunciado por cinco dos seus edís pola xestión das contas. 

O presidente local do PP e coordinador do grupo municipal, Jesús Vázquez Abad, foi o encargado de anunciar a decisión nunha rolda de prensa este martes na que informou da renuncia dos edís deste partido ás competencias delegadas neles por falta de confianza no rexedor. 

Non pediu a dimisión, pero si explicacións, e reprochou a Jácome converter a crise do seu partido "noutra de gobernabilidade". 

Nas últimas eleccións locais, PP e DO empataron a concelleiras, sete, aínda que os populares superaron en votos a Democracia Ourensá. 

Fixeron posible, no entanto, que Jácome fose alcalde para salvar a Deputación Provincial, onde, polos resultados, necesitaban a DO. 

O PSOE obtivo 9 actas neses comicios.

Comentarios