Preocupación en Arteixo tras a desaparición dunha adolescente de 15 anos

Non regresou a casa logo de saír a pasear ao seu can ao redor das 18.45 horas na zona de Pescanova

Paula González Cruz
photo_camera Paula González Cruz.

A Garda Civil anunciou que está a investigar a desaparición en Arteixo (A Coruña) de Paula González Cruz, unha menor de 15 anos que non regresou a casa logo de saír a pasear o seu can ao redor das 18.45 horas na zona de Pescanova.

Todo aquel que teña información pode porse en contacto cos axentes a través do 062 ou do 981633002

Paula, de 1,61 de estatura e complexión delgada, levaba no momento da desaparición un abrigo beige, pantalóns negros e botas negras.

A propia familia da menor desaparecida atopou o can atado na rúa, pero ningún rastro dela.

A Garda Civil asegurou que aínda non hai ningunha sospeita sobre o paradoiro da menor.

Tanto a Garda Civil como a familia de Paula pediron colaboración cidadá, co cal todo aquel que teña información pode porse en contacto cos axentes a través do 062 ou do 981633002. 

Comentarios