Presentan unha trampa contra a velutina baseada na súa falta de visión

Trátase dunha especie de diana cunha mancha de cor negra e con dous polos eléctricos cargados de alta tensión que daría unha descarga mortal á avespa

Avispa. AMA (non é velutina)
photo_camera Avespa velutina. AMA

Un defecto na visión da avespa velutina é a base dunha trampa que, para combatelas, segundo ideou o experto en apicultura Eugenio Pichel e que este sábado presentarase na 33 edición de Mostra Galega de Apicultura de Arzúa.

Eugenio Pichel atopou na debilidade da avespa asiática a fortaleza para idear unha trampa-diana e frear así os ataques que sofren as colmeas e que tantos prexuízos está a ocasionar ao sector da apicultura.

Tal e como explicou Pichel a Efe "trátase dun dispositivo que se coloca na entrada da piquera das colmeas onde a avespa adoita atacar ás abellas".

A voracidade da velutina que axexa ás abellas, unido " súa deficiente visión" lévaa a atacar calquera irregularidade que detecte e que se pareza en tamaño a unha das súas presas.

Pichel desenvolveu unha trampa a modo de diana cunha mancha de cor negra, e con dúas polos eléctricos cargados de alta tensión, no centro. Tal e como constatou Eugenio Pichel, a avespa atacará á mancha, confundíndoa cunha abella e nese momento recibirá unha descarga mortal.

Pichel asegurou que este dispositivo "resulta inocuo" para as abellas xa que estas non reparan nel; no caso de que o fixesen e se pousasen nel, explica o experto, "non recibirían a descarga por ser moito máis pequena que a avispa".

Pichel mantén que o dispositivo combate ás velutinas desde o mesmo momento en que empezan a cazar as primeiras abellas fronte ás piqueras polo que se atrasa o desenvolvemento dos niños impedindo que alcancen as grandes dimensións "que estamos afeitos ver". 

Comentarios