martes. 25.01.2022 |
El tiempo
martes. 25.01.2022
El tiempo

A presenza de placas de xeo na calzada provoca o envorco dun camión en Rodeiro

Camión accidentado en Rodeiro. DP
Camión accidentado en Rodeiro. DP

O vehículo saíuse da vía na EP-6201

A presenza de placas de xeo na calzada provocou un accidente de tráfico este xoves ao causar a saída de vía e envorco dun camión no municipio pontevedrés de Rodeiro. Segundo informaron fontes da Garda Civil, o "aparatoso accidente" rexistrouse no quilómetro 3 da estrada EP-6201.

O sinistro consistiu na saída de vía e posterior envorco dun camión cisterna que transportaba gasoil, indicaron as mesmas fontes, que puntualizaron que o condutor resultou ileso e "non se produciu fuga nin derrame do carburante". 

A presenza de placas de xeo na calzada provoca o envorco dun camión...