Unha fronte pouco activa atravesará Galicia este mércores, traendo consigo un aumento de nubes e as primeiras precipitacións do ano. As choivas, que serán débiles, comezarán polo oeste da comunidade e que se irán estendendo ao resto co transcurso do día.
A cota de neve baixará e situarase cara ás últimas horas nos 1.000-1.200 metros.
As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas descenderán. Os ventos soprarán frouxos en xeral, ao principio serán do suroeste e irán rolando a nor-noroeste co paso da fronte.
Temperaturas extremas previstas nas cidades:
A Coruña 9° 12°, Ferrol 8° 13°, Lugo 2° 10° Ourense 0° 11°, Pontevedra 6° 13°, Santiago de Compostela 6° 11° e Vigo 7° 12°.