Protestas pola instalación dun parque de macroeólicos na comarca de Ordes

A plataforma Aldeas Libres de Macroeólicos nace coa intención de denunciar a existencia destas estruturas preto de zonas rurais habitadas
Adeas libres de macroeólicos-03
photo_camera Un cartel de protesta

A plataforma Aldeas Libres de Macroeólicos nace para impedir que se instalen macroturbinas de 200 metros de altura nas aldeas da comarca de Ordes. A plataforma iniciou unha petición en change.org e comezou coa repartición de pancartas nas aldeas veciñas.

Este macroparque estaría composto por: catro parques eólicos cun total de 36 macroeólicos de 200 metros de altura cada un, tres subestacións eléctricas e unha liña de alta tensión que atravesaría todo do territorio.

Aldeas Libres de Macroeólicos sinala que as aldeas de Galicia levan anos pasando por unha dura crise de despoboamento e realizando grandes esforzos para soster os negocios rurais. Agora ven novamente en perigo pola ameaza por enormes infraestruturas industriais que supoñen estes macroparques eólicos e que serán instaladas a apenas 500 metros dos núcleos de poboación, arriscando a seguridade, saúde e calidade de vida dos seus habitantes e sentenciando o futuro destes lugares.

Desde a plataforma reafirman *a súa posición de apoio total ás enerxías renovables, pero denuncian que estas instalacións non deben facerse nas aldeas nin en zonas rurais onde hai unha importante e notable actividade agraria", xa que suporía o final destes lugares que son motores económicos da comarca.

Tanto é así, que a Comarca de Ordes foi declarada de especial interese agrario pola Xunta no 2007 e o valor económico que deixa na comarca non é para menos: nesta comarca o sector agrario é o segundo que máis afiliacións á seguridade social achega segundo datos do IGE, e só superado polo comercio detallista.

Denuncian ademais que estas instalacións son un risco para as persoas que viven preto destas instalacións, estes son algúns deles:

Exposición constante ao ruído das turbinas que afectará de forma significativa sobre a calidade e saúde de vida das aldeas máis próximas, podendo causar enfermidades cardiovasculares, tensións ou insonmnio.

Risco de accidentes moi graves polo desprendemento de pezas das turbinas, que ademais estarán instaladas a apenas 500 metros das casas.

Lanzamento de placas de xeo no inverno, este é un risco habitual destas instalacións agravado pola proximidade ás aldeas. 

Efecto discoteca: a sombra intermitente das macroturbinas caerán sobre as aldeas próximas a determinadas horas do día podendo provocar tensión, mareos e problemas do sistema nervioso.

Problemas de cobertura e sinais por ondas polo apantallamiento que producen a macro turbinas…

Efectos económicos 

Probouse, según esta plataforma, que os parques eólicos nun radio de polo menos 3 quilómetros devalúan os terreos e casas en ata oun 30% do seu valor económico orixinal, o que  significa que moitos propietarios verán o seu patrimonio devaluado pola instalación do parque, e non serán compensados de forma algunha.

Como consecuencia dos puntos anteriores, a agudización do problema de despoboamento do rural irá en aumento, e isto será un lastre económico e social, non só para as aldeas afectadas, senón para os núcleos urbanos e para toda a comarca.

Aldeas Libres de Macroeólicos puxo en marcha iniciativas de dinamización social, para informar os veciños, entre elas unha petición en change.org para reunir apoios contra o macroparque Ordes-Curtis e dirixida ao presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, na que xa contan con centos de firmas; un vídeo que conta con simulacións 3D das macroturbirnas que instalarán nas aldeas entre Ordes e Curtis, moi coñecido na comarca grazas a redes sociais como WhatsApp, e que anima a asinar na petición de Change.org.

Comentarios