O PSdeG denunciará ante a Xunta Electoral a campaña de globos verdes de Vox

José Antonio Quiroga sinalou que a formación de Santiago Abascal levou a cabo esta acción sen permiso
Globos verdes empleados por Vox. TWITTER
photo_camera Globos verdes empleados por Vox. TWITTER

O PSdeG denunciará ante a Xunta Electoral a campaña de Vox nas cidades galegas, coa que encheron as rúas de globos verdes, coincidindo coa visita de Santiago Abascal a Galicia, informa o partido nun comunicado.

O secretario de Organización do PSdeG, José Antonio Quiroga, criticou que "a ultradereita utilice espazos e mobiliario público" das cidades galegas para colgar globos verdes coa lema "Galicia é verde".

Ademais, Quiroga sinalou que a formación de Santiago Abascal colocou eses globos por distintos lugares dos municipios "a pesar de non ter permiso para facelo".

Comentarios