miércoles. 27.01.2021 |
El tiempo
miércoles. 27.01.2021
El tiempo

O PSdeG pregunta se Audasa está "a financiar a precampaña" do PP

Unha das propostas de iluminación de Rande presentada pola Xunta. EP
Unha das propostas de iluminación de Rande presentada pola Xunta. EP
Ve unha "desvergoña" que a Xunta presentase as propostas de iluminación para a ponte de Rande e subliña que é "un proxecto desenvolvido por unha empresa privada nun ámbito competencial" estatal

iluminación ornamental que lucirá nunha data aínda por definir a ponte de Rande converteuse na enésima fronte da guerra aberta en ano electoral entre a Xunta de Alberto Núñez Feijóo e o Goberno de Pedro Sánchez. E agora o PSdeG tamén pide explicacións.

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, abriron este luns unha nova ferida na relación co Ministerio de Transportes ao comparecer en Vigo para presentar as tres propostas técnicas de iluminación do viaduto que a concesionaria, Audasa, ten sobre a mesa. O departamento estatal non tardou en mostrar o seu descontento co que considera unha intromisión "de todo punto improcedente" do Goberno galego.

Nese punto, o secretario xeral do PSdeG en Vigo, Abel Losada, expuxo este martes que, ou ben a Xunta "roubou" a Audasa as propostas de iluminación ornamental da ponte de Rande, ou —preguntouse— se llas facilitou, non estará "a financiar a precampaña" electoral do PP a concesionaria da AP-9.

"Soa a unha especie de roubo de luva branca", ou ben existe unha "alianza estratéxica" entre Xunta e Audasa", sinala Abel Losada

En declaracións aos medios, o socialista avanzou que trasladará esta cuestión ao seu partido, para que a leve ao Parlamento de Galicia. Ao seu xuízo, Alfonso Rueda, Ethel Vázquez e a delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, tiveron "a desvergoña" de presentar "un proxecto desenvolvido por unha empresa privada nun ámbito competencial" estatal.

Segundo Losada, "calquera que se pare a reflexionar pode pensar dúas cuestións: "¿Como o obtiveron? Soa a unha especie de roubo de luva branca", ou ben existe unha "alianza estratéxica" entre Xunta e Audasa que ambas as partes, afirma, deberían explicar. Expuxo que se isto fose así, que efectivamente "Audasa está a financiar a precampaña electoral do PP", debería figurar na contabilidade que se traslada ao Consello de Contas.

"A ninguén lle pode molestar que fagamos unha proposta", replica o vicepresidente da Xunta

Mentres, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, ironizou con que o Goberno autonómico ten "a honra de resucitar" o ministro de Transportes, José Luis Ábalos, tras permanecer "días calado, metido na neveira", polo que "pasou en Barajas" e que "non explicou". Refírese Rueda ao comunicado emitido o luns polo ministerio no que criticaba o intento da Xunta "de apropiarse" do proxecto de iluminación ornamental da ponte de Rande ao presentar publicamente as tres propostas que baralla a concesionaria da AP-9. 

"A ninguén lle pode molestar que fagamos unha proposta, comentémola, que o ministerio ten parada inexplicablemente, como tantas cousas, e que debería estar xa en funcionamento", replicou o vicepresidente da Xunta.

O PSdeG pregunta se Audasa está "a financiar a precampaña" do PP
comentarios