A RAG volve aprazar o pleno do Día das Letras Galegas por segunda vez

Ademais, anúlase en Santiago unha lectura da obra de Carvalho Calero
Carvalho Calero,el homenajeado en esta edición. EFE
photo_camera Carvalho Calero,o homenaxeado nesta edición. EFE

A Real Academia Galega (RAG) anunciou que finalmente non se celebrará este sábado, 31 de outubro, o pleno extraordinario do Día das Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero, que ía desenvolverse a partir das 12,00 horas na sede da institución, na Rúa Tabernas, 11, da Coruña. 

A decisión tómase tras o anuncio das autoridades do peche perimetral das cidades galegas debido ao agravamento da pandemia e o acto queda posposto á espera de coñecer como evoluciona a situación sanitaria. 

Xa en abril a pandemia obrigou á RAG a pospor o pleno extraordinario que se celebra tradicionalmente o 17 de maio ata o mes de outubro, unha medida inédita e sen precedentes na historia das Letras Galegas. 

A data elixida entón para celebrar o pleno era este sábado 31 de outubro, xusto o día logo da conmemoración do 110 aniversario do nacemento do intelectual ferrolán.

LECTURA CONTINUADA. Así mesmo, para este venres quedou anulado o acto de lectura continuada da principal obra narrativa de Carvalho Calero Scórpio iniciada pola neta de Carvalho Calero, Margarida Cela. 

Este acto, previsto para a tarde este venres, ía ter lugar no Salón Nobre da USC, en Fonseca, e contaba coa presenza do presidente do Parlamento, Miguel Santalices. 

Comentarios