A raza palleiro pon o seu temperamento a proba nun estudo pioneiro

photo_camera Probas realizadas por un can de palleiro en Silleda. EP

Unha ducia de cans foron avaliados este sábado no marco dos primeiros test de comportamento que se realizan a exemplares da raza autóctona can de palleiro. Organizadas nas instalacións da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda, as probas consistiron en expoñer os animais a estímulos de distinta intensidade para avaliar a súa reacción. 

O estudo, validado cientificamente, repetirase en diferentes puntos de Galicia para ampliar a base de participantes. O obxectivo último é promover unha cría responsable da raza e coñecer en maior profundidade as súas características temperamentales. 

Os promotores da iniciativa son Club Raza Can de Palleiro e a Fundación Rof Codina. Ademais da proba presencial, a investigación comprende un cuestionario previo co que se busca manter e potenciar perfís de comportamento. Os investigadores pretenden avaliar a conduta da descendencia, elixir mellores reprodutores e obter medidas fenotípicas para futuros estudos xenéticos do temperamento.

Comentarios