Recuperan o corpo sen vida dun home flotando no mar en Oleiros

Un particular púxose en contacto co 112 ao redor das 15.30 horas para alertar do achado

O corpo sen vida dun home foi localizado durante a tarde deste domingo flotando no mar, nunha zona próxima a Lorbé, en Oleiros, segundo informou o servizo de urxencias do 112 Galicia. 

Un particular púxose en contacto co 112 ao redor das 15.30 horas, para alertar de que se atopou o corpo dun home, flotando a menos dunha milla de terra. 

Con estes datos, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, da Garda Civil, da Policía Local, de Protección Civil e do 061-Urxencias Sanitarias. 

Segundo comunicóuselle ao 112 Galicia, o corpo foi rescatado polos socorristas da praia de Mera e trasladado ao porto de Lorbé. 

Comentarios