Renfe cancela 24 trens en Galicia pola folga convocada para este mércores 

A CXT ve "abusivos" os servizos mínimos e estuda demandar a Renfe ► As anulacións afectan a enlaces do eixe atlántico é á conexión nocturna con Madrid, entre outras
Tren en una estación. SEBAS SENANDE
photo_camera Tren nunha estación. SEBAS SENANDE

A folga convocada este mércores en toda España nos servizos de Renfe pola Confederación General del Trabajo levou a cancelar 24 trens —seis de longa distancia e 18 de media distancia— que transcorren por Galicia, entre eles a conexión nocturna en trenhotel con Madrid

Diso informa o sindicato convocante a través dun comunicado no que cualifica de "abusivos" os servizos mínimos decretados e avanza que estuda a posibilidade de presentar unha demanda contra Renfe por vulneración do dereito de folga. 

O paro desenvolverase en dúas quendas —de 12.00 a 16.00 horas e de 20.00 a 24.00 horas— este mércores 31 de xullo, coincidindo coa saída e chegada das vacacións de verán. Entre os enlaces afectados polas cancelacións está, ademais da conexión en trenhotel entre a comunidade e Madrid, o enlace de Vigo con O Porto

Así mesmo, Renfe decretou a suspensión dunha decena de enlaces do eixe atlántico (entre A Coruña e Vigo). Tampouco se operarán as conexións entre Ferrol e A Coruña e entre Lugo e Ourense previstas para primeira hora da tarde do mércores. 

A folga afectará, ademais, a dous servizo do xoves: ao tren Monforte-Pontevedra programado para as 6.15 horas e ao A Coruña-Ferrol das 08.57 horas.

En total, Renfe cancelou en toda España 1.152 trens (477 de media distancia, 230 de Ave e longa distancia e 445 de mercancías) nas catro xornadas de paro convocados por CXT para o 31 de xullo, 14 de agosto, 30 de agosto e 1 de setembro, segundo os servizos mínimos decretados polo Ministerio de Fomento.

Comentarios