Repuntan os novos contaxios a 165 en Galicia e os casos activos aumentan a 2.382

Os pacientes covid hospitalizados mantéñense en 185, deles 29 en Uci, e a taxa de positividade ascende a un 2,6%
Un home camiña xunto a un mural en homenaxe aos sanitarios que loitaron contra o coronavirus nunha rúa de Melide. EFE/ Eliseo Trigo
photo_camera Un home camiña xunto a un mural en homenaxe aos sanitarios que loitaron contra o coronavirus nunha rúa de Melide. EFE/ Eliseo Trigo

Os novos contaxios de covid-19 en Galicia repuntaron a 165 tras iniciar a semana con 126, mentres que os casos activos deste coronavirus manteñen a tendencia ascendente por quinta xornada consecutiva e aumentaron até os 2.382.

Segundo os datos publicados pola Consellería de Sanidade na mañá deste martes, con rexistros até as 18,00 horas deste luns, 29 pacientes covid atópanse en Uci -un menos que a xornada anterior- e os ingresados noutras unidades soben a 156 -un máis-, polo que se manteñen en 185 os hospitalizados.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria baixa en tres delas -A Coruña-Cee, Ourense e Santiago-Barbanza-, mantense na de Vigo; e aumenta nas de Pontevedra-O Salnés, Ferrol e Lugo.

En concreto, na área da Coruña e Cee baixan a nove os pacientes covid en Uci -un menos- e mantéñense en 58 os ingresados noutras unidades; mentres que na de Ourense soben a tres o críticos -un máis- e baixan a 15 os doutras unidades -catro menos-.

Pola súa banda, na de Santiago e Barbanza descenden a catro os pacientes en críticos -un menos- e continúan 22 noutras unidades; mentres que na de Vigo proseguen seis en Uci e 29 noutras unidades -sen cambios en ambos os casos-.

Por contra, aumenta a presión hospitalaria na área de Pontevedra e O Salnés, que aínda que mantén tres pacientes covid en Uci, rexistra 21 noutras unidades -tres máis-; mentres que na de Lugo segue un en críticos e aumentan a cinco os doutras unidades -un máis-.

A área sanitaria de Ferrol mantense como a única de Galicia sen pacientes covid en Uci, mentres que conta con seis hospitalizados noutras unidades, o que supón un máis que a xornada anterior.

MÁIS CASOS ACTIVOS. Os casos activos seguen coa tendencia ascendente e sitúanse en 2.382 no conxunto de Galicia, o que supón 66 máis que os rexistrados na xornada anterior, ao haber máis contaxios que altas.

No entanto, por áreas sanitarias descenden lixeiramente en dúas, nas da Coruña e Cee (-1) e Ourense (-1), mentres que soben nas de Vigo (+5), Ferrol (+9), Lugo (+12), Santiago e Barbanza (+12) e Pontevedra-O Salnés (+30).

Así, a da Coruña e Cee mantense á cabeza co maior número de infeccións activas de Galicia, con 615; seguida da de Vigo, con 604; Santiago e Barbanza, con 367; Pontevedra e O Salnés, con 357; Ourense, con 185; Lugo, con 169; e Ferrol segue á cola, con 85.

MÁIS CONTAXIOS. En canto aos novos contaxios detectados con calquera tipo de proba subiron na segunda xornada desta semana até os 165, o que supón 39 máis que os 126 rexistrados este luns.

Segundo os datos actualizados por Sanidade, do total de contaxios, 133 son positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas -20 máis que a xornada anterior-, dos cales 36 corresponden á área de Pontevedra e O Salnés; 32, á de Vigo; 21, á de Santiago e Barbanza; 18, á da Coruña e Cee; 11, á de Ourense; 10, á de Lugo; e cinco, á de Ferrol.

Deste xeito, os contaxiados na Comunidade galega ascenden a 118.897, dos cales 28.830 corresponden á área da Coruña e Cee; 22.667, á de Vigo; 18.796, á de Santiago e Barbanza; 15.011, á de Ourense; 13.086, á de Pontevedra e O Salnés; 12.189, á de Lugo; e 8.318, á de Ferrol.

SOBE A TAXA DE POSITIVIDADE. A comunidade galega realizou até a data da última de actualización de datos 1.922.348 PCR desde o inicio da pandemia, o que implica 4.023 máis que as contabilizadas até a xornada anterior -unhas 2.000 menos que as feitas o día pasado-.

En canto á taxa de positividade, aumentou lixeiramente até o 2,6 por cento en Galicia despois de descender o luns a un 1%, polo que segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia.

VÍTIMAS E CURADOS. Galicia rexistrou desde o inicio da pandemia 2.369 falecidos diagnosticados de covid-19 após notificar este luns Sanidade a morte dun home no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago que se prodUciu o pasado domingo, 11 de abril. O home contaba con patoloxías previas.

Mentres, até a data curáronse da covid-19 na Comunidade galega un total de 114.168 pacientes, o que implica 98 persoas máis que as rexistradas até o día anterior.

Comentarios