Requisan tonelada e media de peixe e marisco en varias operacións contra o furtivismo en Galicia

Os axentes tamén se fixeron con 272 aparellos de pesca

O servizo de Gardacostas de Galicia requisou máis de 1.450 quilos de peixe e marisco xunto con 272 aparellos de pesca en diversos operativos contra o furtivismo realizados na última semana.

A ría de Arousa foi o escenario de varias destas actuacións. Alí os axentes requisaron máis de 510 quilos de diversas especies, en boa medida de centolla, e 104 aparellos pesqueiros. Na de Pontevedra incautáronse de máis de 150 quilos, moitos deles de polbo.

Mentres, na Mariña lucense foron 464 quilos os incautados, maioritariamente ourizos; mentres en Costa da Morte o resultado das distintas operacións foron 218 quilos comisados, sobre todo, de nécoras.

En Ferrol foron máis de 88 quilos; en Vigo incautáronse de 10 quilos de berberecho; na Coruña foron catro quilos de nécora e centolla; e na ría de Muros e Noia, catro quilos de polbo.

Comentarios