Rescatado en Camariñas tras quedar illado nunhas rocas mentres pescaba

Foi o propio pescador quen alertou ao 112 ás 17.20 horas, cando explicou que se viu sorprendido polo aumento do nivel do mar cerca do cemiterio dos Ingleses.
 

Unha embarcación particular rescatou este domingo un home que quedou illado, pola subida da marea mentres pescaba, nunhas rocas en Camariñas, informa o 112.

Foi o propio pescador quen alertou ao 112 ás 17.20 horas, cando explicou que se viu sorprendido polo aumento do nivel do mar cerca do cemiterio dos Ingleses.

Aínda que o 112 mobilizou a numerosos medios por terra, mar e aire, todos foron anulados debido a que unha embarcación particular que navegaba pola zona recolleu ao atrapado.