Rescatan a dúas nenas que foron sorprendidas pola marea en Pragueira

As pequenas atopábanse xogando nunhas rocas

Imagen del rescate en Pragueira. FACEBOOK EMERXENCIAS NOALLA
photo_camera Imaxe do rescate en Pragueira. FACEBOOK EMERXENCIAS NOALLA

Dúas nenas de Madrid foron rescatadas nesta tarde de venres en Pragueira. As mozas foron sorprendidas pola marea cando se atopaban xogando nunhas rocas e quedaron incomunicadas.

Foron rescatadas por Emerxencias e levadas ata o porto de Portonovo. Na operación foi crave a colaboración do Club Náutico, que se achegou cunha embarcación e xunto con Aduanas, sacáronas por mar.

Comentarios