lunes. 16.09.2019 |
El tiempo
lunes. 16.09.2019
El tiempo

Rescatan a un parapentista que se quedou prendido dunha árbore en Ferrol

Contorna da praia de Doñinos. GSV
Contorna da praia de Doñinos. GSV
A pesar do aparatoso do suceso, o home saíu ileso

Un parapentista foi rescatado en Ferrol logo de quedarse prendido dunha árbore mentres practicaba parapente entre a praia de Doniños e Cabo Prioriño, emprazamentos naturais situados no concello ferrolán. 

Do sucedido informou o 112 Galicia na tarde deste domingo tras recibir unha chamada dun particular ás 17,45 horas na que alertaba da situación na que se atopaba o planeador que se quedou enganchado a unha árbore. 

Con estes datos, os xestores de urxencias puxeron os feitos en coñecemento do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ferrol e da Garda Civil. Do mesmo xeito, avisouse ao persoal do Aeroporto da Coruña e ao Servizo Aéreo de Rescate. 

Finalmente, o parapentista resultou ileso, con todo, foron necesarios medios para desenganchar o paracaídas do lugar onde quedou prendido. 

Rescatan a un parapentista que se quedou prendido dunha árbore en...