Rescatan os tripulantes dun pesqueiro que naufragou fronte a costa de Lugo

Foron localizados cando empregaban a balsa salvavidas e abandonaban o barco, que se incendiou mentres se afundía

giphy
photo_camera A Pesca II, nunha imaxe de arquivo. JM ÁLVEZ

Salvamento Marítimo, coa colaboración do 112 Galiciam rescataba a madrugada do martes ao mércores aos cinco tripulantes dun pesqueiro que se ía a pique a unhas 300 millas ao norte de Ribadeo.

Foron trasladados na aeronave ao Heliporto de Celeiro, onde esperaban varias ambulancias do 061-Urxencias Sanitarias

Os tripulantes foron localizados cando empregaban a balsa salvavidas e abandonaban o barco, que se incendiou mentres se afundía.

Así, tras activarse rádioa baliza, ao redor da 1:30 horas desta madrugada, Salvamento Marítimo solicitou a intervención do persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia para efectuar o rescate a bordo da Pesca II. Deste xeito, os cinco ocupantes do pesqueiro, de nome Roymar, foron trasladados na aeronave ao Heliporto de Celeiro, onde esperaban varias ambulancias do 061-Urxencias Sanitarias co fin de ofrecer os primeiros coidados á tripulación.

Igualmente, desde Salvamento Marítimo, enviouse a embarcación Salvamar Aliot e pediuse a colaboración do equipo do Buque Sargalia coa intención de atallar as chamas que se produciron posteriormente nos restos do barco. De momento, os medios de salvamento continúan traballando no lugar do accidente.

Comentarios