Rescatan cinco vacas que caeron nun pozo de xurro en Santa Comba

As cinco foron recuperadas con vida
Varias vacas. ARCHIVO
photo_camera Varias vacas. ARCHIVO

O Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Santa Comba, na Coruña, recuperou con vida a cinco vacas que caeron nun pozo de xurro ao romper unha viga do seu peche, informa Urxencias 112.

O incidente ocorreu no lugar do Ribeiro, na parroquia de Mallón, ao fío das 19:10 horas do xoves.

O 112 Galicia avisou ademais á Policía Local e ao Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.