Respirar radón en interiores pode provocar cancro de pulmón nos non fumadores

Un estudo alerta da "necesidade" de aplicar un límite de 300 bequerelios para vivendas e lugares de traballo

Respiradero para aliviar el radón de una vivienda. AEP
photo_camera Respiradero para aliviar o radón dunha vivenda. AEP

A exposición ao gas radón en interiores pode provocar cancro de pulmón en non fumadores, segundo un estudo realizado en dez hospitais de Galicia, Asturias, Madrid e Castela e León. A análise, cofinanciada pola Xunta, sostén que as persoas que conviven con concentracións superiores a 200 becquerelios por metro cúbico en casa ou na oficina practicamente teñen o dobre de risco de desenvolver cancro de pulmón fronte a aquelas expostas a menos de 100.

"A exposición ao radón foi clasificada como o factor de risco máis importante para o cancro de pulmón en nunca fumadores e o segundo en fumadores pola Organización Mundial da Saúde", recordou o director do traballo e investigador da USC, Alberto Ruano, que expuxo "a urxente necesidade" de aplicar a directiva europea prevista para febreiro de 2018 e que "aplica un límite de 300 bequerelios para vivendas e lugares de traballo".

Comentarios