Retiran o carné oito meses ao condutor que subiu vídeos a 201 km/h en Ponteceso

O home, que se enfrontou a un xuízo rápido, pagará unha multa de 480 euros
Instante del vídeo en el que el conductor circula a una velocidad de 201 kilómetros por hora. TWITTER
photo_camera Instante do vídeo no que o condutor circula a unha velocidade de 201 quilómetros por hora en Ponteceso. TWITTER

O condutor que hai unhas semanas subiu vídeos ás redes sociais nos que circulaba a 201 quilómetros por hora nun tramo limitado a 80 no municipio de Ponteceso pasou este martes polos xulgados de Carballo, para enfrontarse a un xuízo rápido no que houbo un acordo entre as partes. Así, atendendo á información da TVG, o condutor afrontará unha multa de 480 euros e terá retirado o carné durante oito meses.

O condutor e o seu avogado, nos xulgados de Carballo. TVGA condena responde a un delito contra a seguridade viaria por condución con velocidade excesiva. Axentes da Garda Civil requisáranlle o coche antes do xuízo. 

Antes de chegar a identificalo, o instituto armado solicitou a finais de xullo a colaboración cidadá para localizalo. A Garda Civil iniciara as pescudas tras ter constancia dun vídeo subido ás redes sociais no que podía verse a infracción. 

Este caso súmase ao unha condutora de Negreira identificada por subir outro vídeo a internet relacionado con outro delito contra a seguridade viaria e ao doutra muller da Estrada denunciada pola vía administrativa por outro vídeo en redes sociais no que explicaba o funcionamento no vehículo no que circulaba dun detector de radares.