martes. 13.04.2021 |
El tiempo
martes. 13.04.2021
El tiempo

Rexistrado un terremoto de magnitude 3 con epicentro en Tordoia

Terremoto en Ordes
Terremoto en Ordes. DP
Outro sismo de menor intensidade sacudiu de madrugada Ponte Caldelas

Galicia rexistrou varios tremores de terra nas últimas horas, o último esta madrugada no concello pontevedrés de Ponte Caldelas, de magnitude 1,8, segundo a información divulgada polo Instituto Xeográfico Nacional. En concreto, produciuse minutos antes das tres da mañá. Con esa intensidade, os terremotos non adoitan se perceptibles pola poboación.

Si o foi o sismo que se produciu horas antes con epicentro no municipio coruñés de Tordoia, de magnitude 3 na escala de Richter. Neste caso, sentiu debilmente en varios concellos próximos. Tivo lugar ás 23.18 horas na comarca de Ordes e a catro quilómetros de profundidade. 

O movemento sísmico sentiu nos concellos coruñeses de Cerceda ou Carballo, con distintas intensidades, entre outras parroquias e localidades da zona.

Rexistrado un terremoto de magnitude 3 con epicentro en Tordoia
comentarios