A firma de deseño Carla López, da pontesa que lle dá nome e a ferrolá Emilia Arzúa, ten unha nova adepta. Trátase da artista de moda, Rosalía.
Segundo informou o estudio galego nas súas redes sociais, a intérprete de Malamente luciu dous aneis da firma na portada do seu último disco, El mal querer.
Pero non é a primeira vez que a cantante catalá escolle un dos deseños da firma galega. Rosalía demostrou que é unha absoluta fan da marca e tamén luciu aneis de Carla López nalgunha das súas actuacións, ademais de na portada do single de Malamente.
Nuestro anillos DOS en la portada del nuevo single de @rosaliavt #Malamente 😄 pic.twitter.com/8T1mIiSNYf
— Carla Lopez Studio (@CarlaLopezBags) 30 de mayo de 2018