Rouba a roupa interior de varias veciñas de Cambados e queda a ver como dorme unha delas

O mozo accedeu a polo menos catro vivendas
Un vehículo de la Guardia Civil. ADP
photo_camera Un vehículo da Guardia Civil. ADP

Un mozo de 18 anos foi identificado pola Garda Civil de Cambados por acceder a varias vivendas co subtraer a roupa interior das mulleres residentes nelas.

Segundo informa ABC, o caco entrou no dormitorio de polo menos catro mulleres, accedendo ás casas a través das súas fiestras. Unha vez alí, a lencería íntima das vítimas convertíase no particular botín do mozo.

Polo menos nos tres primeiros casos porque, como conta ABC, na cuarta vivenda o ladrón non se contentou con apropiarse de roupa interior, senón que ademais quedou vendo como durmía a súa dona.

Esta mesma muller foi a que denunciou o caso, pois sorprendeu ao mozo en pleno acto de voyeurismo e alertou aos axentes, quen identificaron ao home pouco despois.