Rueda rexeita a "violencia" no conflito das ambulancias

Afirma que a Xunta seguirá "falando" coas concesionarias 

Imagen de la ambulancia calcinada en Tui. FEGAM
photo_camera Ambulancia calcinada en Tui. FEGAM

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, rexeitou que se produzan "formulacións violentas" no conflito das ambulancias, ámbito no que afirmou que a Xunta seguirá "falando" coas empresas concesionarias pero no que defendeu que se dea "un diálogo sobre o asinado". 
"Hai unha serie de condicións aceptadas e coñecidas polos concesionarios e a Xunta", destacou, após subliñar que "hai un contrato asinado". "Imos seguir falando con elas e lembrándolles que hai un compromiso que asinaron e coñecían", incidiu. 

En calquera caso, mostrou o seu rexeitamento á queima de varias ambulancias rexistrada nos últimos días: "Non é de recibo acudir á violencia", aseverou. "Violencia é queimar un vehículo de emerxencias que pode ser necesario e que parece ser que quen o queimou non tivo ningún reparo", engadiu. 

A partir de marzo, esperou que "si se poida prestar" o servizo. Respecto diso, insistiu en que a Consellería de Sanidade "está a falar coas concesionarias, pero hai un contrato asinado e en vigor". 

Comentarios