Ryanair anuncia dúas novas rutas para conectar Santiago con Roma e Zaragoza

Poderanse adquirir billetes cun 20 por cento de desconto ata finais de xuño
Un avión de Ryanair. SASCHA STEINBACH (EFE)
photo_camera Un avión de Ryanair. SASCHA STEINBACH (EFE)

A aerolínea de baixo custo Ryanair anunciou este xoves dúas novas rutas que conectarán Santiago de Compostela con Zaragoza e co aeroporto de Ciampino en Roma, ambas con dous voos semanais de ida e volta.

Estes enlaces comezarán a operar a partir do mes de xuño e permanecerán activos, polo menos, ata o próximo outubro como parte da extensión do calendario de verán 2020 da compañía na capital galega.

Así mesmo, coincidindo coa presentación destas novas rutas, Ryanair ofrece aos usuarios da súa páxina web un vinte por cento de desconto nun millón de asentos para viaxar desde Santiago de Compostela ata finais de xuño 2020, unha promoción activa ata este domingo 9 de febreiro.

Comentarios