Sánchez e Torra felicitan os galegos polo 25 de xullo

O líder catalán publicou un tuit en galego no que desexou que os galegos "poidan cumprir os seus anhelos de liberdade"
Pedro Sánchez y Quim Torra, en diciembre de 2018. ARCHIVO
photo_camera Pedro Sánchez e Quim Torra, en decembro de 2018. ARQUIVO

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, quixo mandar unha mensaxe de felicitación este sábado a todos os galegos e galegas con motivo do Día de Galicia, que se celebra este 25 de xullo. "Hoxe Galicia celebra a súa cultura, as súas tradicións. Faio nun día festivo distinto ao habitual, pero coa mirada chea de futuro e esperanza. A nosa historia únenos e impúlsanos a seguir avanzando. Tamén na adversidade. Parabéns ás galegas e galegos non #DíaDeGalicia", publicou nunha mensaxe en castelán no seu perfil oficial de Twitter. 

O presidente da Generalitat, Quim Torra, tamén quixo felicitar os galegos a través das redes sociais. Nun tuit en galego, desexou que "moi pronto poidan cumprir os seus anhelos de liberdade". "Catalunya sempre con Galicia", dixo, e acompañou o seu escrito cunha fotografía na que aparecen persoas suxeitando a 'estreleira', a bandeira independentista.

Comentarios