Sanidade limita a dez persoas as reunións sociais e familiares en toda Galicia

Auméntanse as restricións en Verín, O Irixo e Boborás
Personas paseando con mascarilla por las calles de Compostela. PEPE FERRÍN (AGN)
photo_camera Personas paseando con mascarilla por las calles de Compostela. PEPE FERRÍN (AGN)

A Consellería de Sanidade acordou limitar as reunións en toda Galicia, tanto públicas como privadas, a un máximo de dez persoas. Esta é unha das decisións adoptadas polo comité clínico que fan seguimento da evolución do covid-19, despois do encontro deste martes, tras constatar o aumento de contagios en reunións sociais e familiares. 

Ademais, restrínxese a mobilidade nos concellos de O Carballiño, O Irixo e Boborás. O comité considera conveniente reforzar as medidas de prevención co obxectivo de protexer, "coa máxima intensidade posible, a saúde da poboación e conter os contaxios para evitar a súa propagación máis aló desa zona". Deste xeito, os habitantes destes concellos non poderán saír dos límites do concello excepto por motivos laborais, educativos ou sanitarios.

Para rematar, o comité decidiu elevar ao nivel tres de restrición ao concello de Verín. Isto implica que os bares e cafeterías só poderán atender nas terrazas a grupos de persoas convivientes. Os restaurantes poderán servir tamén no interior, cun aforamento limitado ao 50%.

Así mesmo, o comité decidiu elevar ao nivel tres de restrición ao concello de Verín. Isto implica que os bares e cafeterías só poderán atender nas terrazas a grupos de persoas convivientes. Os restaurantes poderán servir tamén no interior, cun aforamento limitado ao 50%.

Por outra banda, a comarca de Celanova entra en nivel dous de modo que os aforamentos dos establecementos comerciais, de restauración e hostalería quedan limitados ao 50%

Todas estas medidas, que se publicarán este mércores no Diario Oficial de Galicia, entrarán en vigor desde as 00:00 horas do xoves.

Comentarios