España rexistra 196 contaxios nas últimas 24 horas, tres deles en Galicia

A maioría dos positivos confirmados son en Madrid (50) e Aragón (49)
Centro de salud de Fraga, en Huesca. JAVIER CEBOLLADA
photo_camera Centro de saúde de Fraga, en Huesca. JAVIER CEBOLLADA

O Ministerio de Sanidade rexistrou este mércores outras dúas persoas falecidas con coronavirus, que elevan os decesos da última semana a 10 e o total en 28.327, mentres que contabilizou 196 contaxios nas últimas 24 horas, 88 máis que este martes, co que xa son 246.086.

Madrid, que sufriu un dos decesos, segue sendo a comunidade con máis novos positivos, un total de 50, aínda que o rebrote de Aragón relacionado con empresas hortofrutícolas fixo que esta comunidade, que tamén contabilizou unha morte, comunique 49, e Cataluña, onde non houbo falecidos, outros 28. 

Dos 196 novos positivos, 19 localizáronse en Andalucía, 49 en Aragón, seis en Canarias, dous en Cantabria, 13 en Castela e León, 28 en Cataluña, un en Ceuta, tres en Comunidade Valenciana, seis en Estremadura, tres en Galicia, 50 en Madrid, un en Murcia, 11 en Navarra e catro en País Vasco. Castela-A Mancha non actualizou os seus datos "por problemas técnicos", segundo explica Sanidade. 

Comentarios