Sanjenjo, El Grove... En Marea esixe a Fomento que corrixa a "toponimia deformada" da súa web

Alexandra Fernández tamén demanda ao Ministerio que faga unha revisión de documentación e anuncios nos que se vulnera a toponimia oficial galega "de forma recorrente"

La diputada Alexandra Fernández. AEP
photo_camera La diputada Alexandra Fernández. AEP

A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, esixiu mediante unha iniciativa parlamentar que Fomento corrixa "de inmediato" a "toponimia deformada" de Galicia que está presente na páxina web do Ministerio. Segundo denuncia, o ministerio emprega denominacións do tipo El Ferrol, Bayona, Sanjenjo, La Guardia, Lage, El Grove, Puebla del Caramiñal, Santa Eugenia de Ribeira ou Isla de la Toja. 

Fernández traslada o seu "estupor pola falta de respecto do Ministerio ás normas establecidas en materia lingüística". Segundo explica, na sección de Capitanías Marítimas da web empréganse "formas toponímicas totalmente esperpénticas, incluso propias da ditadura de  Franco como é o caso de El Ferrol". 

3eceb4ce-13e8-4e19-8037-60767b222456

A deputada de En Marea reclama a Fomento que use as formas toponímicas oficiais: Laxe, Ferrol, Baiona, A Guarda, Santa Uxía de Ribeira, Pobra do Caramiñal, O  Grove, Illa da Toxa e Sanxenxo. 

Fernández pide que se remate definitivamente con este tipo de situacións e que Fomento proceda a realizar unha revisión a fondo da web, así como da documentación e de outros anuncios xa que, segundo denuncia, "son habituais os incumprimentos nesta materia". "Debería remitir a todos os organismos do Ministerio e a toda a súa estrutura o nomenclátor oficial de Galicia que está recollido na páxina web da Xunta como a forma de evitar as deformacións da nosa toponimia", apunta. 

Comentarios