Santiago rexistra este luns un terremoto de magnitude 2.4

Durante a fin de semana houbo outros dous en Cualedro e Taboada

Catedral de Santiago
photo_camera Catedral de Santiago

O concello de Santiago de Compostela foi este luns, día 25 de xuño, o epicentro dun tremor de terra de magnitude 2.4. Este pequeno terremoto, rexistrado polo Instituto Geográfico Nacional sobre as 7.51 horas desta mañá, non foi percibido nin pola poboación da capital de Galicia nin causou danos materiais.

Durante a pasada fin de semana houbo outros dous pequenos sismos. Un deles tivo lugar o domingo 24 ás 22.37 horas en Cualedro, na provincia de Ourense, e foi de 1.8 graos. O outro foi o sábado ás 2.37 horas da madrugada (noite do venres) no concello lugués de Taboada, onde xa se rexistraran con anterioridade outros. Nesta ocasión tivo unha magnitude de 2.1.

Comentarios