Seijas: "Hai que volver regular as datas das rebaixas"

O presidente da Federación Galega de Comercio afirma que as vendas non "chegan ao que tiña que ser" para esta época do ano

Varios viandantes pasan junto a un cartel de rebajas de un centro comercial en Madrid en el primer día de la campaña de verano. EP
photo_camera Varios viandantes pasan xunto a un cartel de rebaixas en plena campaña de verán. EP

O presidente da Federación Galega de Comercio, o lucense José María Seijas, afirmou este venres que, a tenor do resultados, "hai que volver regular as datas das rebaixas" e, de feito, confirmou que os comerciantes galegos xa lle remitiron un escrito ao novo Goberno, que preside Pedro Sánchez, nese sentido.

En declaracións aos medios de comunicación, logo de participar na presentación dos xestores de redes sociais do Programa Social Commerce coa directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, Seijas afirmou que neste momento "as rebaixas comezan o 1 de xaneiro e terminan o 31 de decembro", o que non favorece nin aos comerciantes nin aos consumidores.

Con respecto á presente campaña, afirmou que os descontos "notáronse un pouco" no que se refire ás vendas, que se moven "dentro do que se esperaba", pero que non "chegan ao que tiña que ser", porque aínda hai moita "mercancía nos comercios".

Recoñeceu que a "climatoloxía non axudou nada", pero tamén falou da necesidade de volver regular a data das rebaixas".

Nese sentido, precisou que a través da Confederación Española de Comercio, entidade na que a Federación Galega ostenta a vicepresidencia, xa llo feito chegar ao novo Goberno un escrito para pedirlle que retome este asunto e valore a posibilidade de volver regular os períodos de rebaixas.

Comentarios