Unha semana negra nas estradas galegas

Aos tres mozos falecidos nun accidente na AP-9 en Vigo hai que sumar outra vítima na A-6 en Coirós

Mueren tres jóvenes en un accidente en la AP-9 en Vigo
photo_camera Morren tres mozos nun accidente na AP-9 en Vigo

Galicia pecha unha semana negra nas súas estradas, marcada pola traxedia da AP-9, onde tres mozos perderon a vida nun accidente rexistrado en Vigo. Outro rexistrado a última hora do sábado na A-6, á altura de Coirós e provocado por un condutor kamikaze, deixaba outra vítima mortal e puña outra vez sobre a mesa o debate sobre a seguridade viaria. Por que está a aumentar a sinistralidade nas vías galegas?

Os anos 2018 pechou con 104 vítimas, 28 máis que en 2017. E, sen ir máis lonxe, o pasado abril deixou 9 mortos nas estradas galegos. O mesmo mes do ano anterior non rexistrara ningunha vítima.

A finais de 2018, o propio delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, alertou dun aumento "inadmisible" das cifras de sinistralidade viaria en Galicia, "unha dura realidade que é difícil de asumir e á que debemos pór freo", polo que anunciou entón un plan de choque.